DOG 23 DE OUTUBRO (201)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Cesamento.- Decreto 138/2023, do 17 de outubro, polo que se dispón o cesamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.
Nomeamento.- Decreto 139/2023, do 17 de outubro, polo que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria.- Resolución do 10 de outubro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG622B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 10 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de explotación gandeira con capacidade para 1.200 porcos de ceba e 227 cabezas de vacún de leite no lugar de Lobeira, na parroquia de Maceda, no concello de Melide (A Coruña) (expediente 2023/0112).
Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 10 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite, mediante construción de corte de recría, fosa de xurro, esterqueira e silo trincheira, no lugar de Pazos, na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos (A Coruña) (expediente 2023/0065).
Parques eólicos.- Anuncio do 13 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Monte Contado e a súa liña de evacuación, nos concellos de Castroverde e Lugo (Lugo) (expediente 2018/0075).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 9 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 6 de outubro de 2023, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Devesa e Fumaces, nos concellos de Vilardevós e Riós.
CMVMC.- Anuncio do 9 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 6 de outubro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Serra de Larouco, Serra de Sandín e Lamas, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lucenza, no concello de Cualedro.