A FALTA DE EFICACIA NA XESTIÓN DE MEDIO RURAL LIMITA AS AXUDAS PAC

Os gandeiros galegos so terán de anticipo 48 millóns de euros dos 130 dispoñibles

Santiago, 31 de outubro de 2023.- A organización Unións Agrarias denuncia que debido á falla de eficacia no control administrativo das axudas da PAC por parte da Consellería do Medio Rural, os gandeiros galegos apenas percibirán 48 millóns de euros dos 130 millóns habilitados pola Unións Europea en calidade de anticipo.

O montante do anticipo da PAC dispoñible para Galicia, segundo consta nos datos publicado polo FEGA (Fondo Español de Garantía Agraria), dependente do Ministerio de Agricultura, apenas supera o 30% dos ingresos aos que poderían ter as explotacións galegas nun momento no que atravesan momentos complexos polas caídas nos prezos do leite e o estancamento no prezo da carne.

Desde as autoridades comunitarias habilitase que os estados integrantes poidan achegar ata o 70% das axudas solicitadas coa condición de que se realicen os controis preceptivos sobre as solicitudes realizas. Esas primeiras avaliacións deben partir das Comunidades Autónomas e, nese marco, Galicia atópase claramente en desvantaxe pola falla de eficiencia no traballo realizado desde a Xunta.

Unións Agrarias insiste en que nestes momentos resulta especialmente crucial que as granxas manteñan unha financiación estable e constante debido ao marco de incerteza económica que moitas atravesan a consecuencia do encarecemento dos custos de produción e o cada vez máis baixo rendemento nos sectores gandeiros.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias