NORMATIVA DO DÍA 6 DE NOVEMBRO DE 2023

Modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e modelos tipo para constituír dereitos de uso e aproveitamento en Galicia.

DOG 6 DE NOVEMBRO (210)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Resolución do 24 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Abegondo.

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE                   

Convocatoria.- Resolución do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (4ª edición) (código de procedemento TR320B).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Forestal.- Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se publican modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e modelos tipo para constituír dereitos de uso e aproveitamento en Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Cambio de uso.- Anuncio do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Parada, no concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2023/0041).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 23 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a deslindes entre montes veciñais en man común (5 expedientes).

BOP Pontevedra 6 DE NOVEMBRO (213)

VILA DE CRUCES

Natalidade.- Convocatoria de axudas para fomento da natalidade 2023.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias