NORMATIVA DO DÍA 13 DE NOVEMBRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 13 DE NOVEMBRO (215)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Patrimonio.- Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 25 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carboeiro e Freitas e Pradocabalo, na parroquia de Pontedeva (San Breixo), no concello de Pontedeva.

CMVMC.- Anuncio do 16 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 13 de outubro de 2023, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Pradorramisquedo e mais Os Chaos, no concello de Viana do Bolo.

CMVMC.- Anuncio do 30 de outubro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución dos recursos de reposición presentados contra a revisión do esbozo do monte veciñal de San Vicente (Begonte) (expediente 11/77).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias