NORMATIVA DO DÍA 17 DE NOVEMBRO DE 2023

Ampliación das zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide. Subvencións a proxectos de turismo na contorna do Camiño de Santiago.

DOUE 17 DE NOVEMBRO

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

FEAGA e FEADER.- Decisión de Ejecución (UE) 2023/2494 de la Comisión, de 15 de noviembre de 2023, por la que se excluyen de la financiación de la Unión Europea determinados gastos efectuados por los Estados miembros con cargo al Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) y al Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)

BOE 17 DE NOVEMBRO (275)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenio.- Resolución de 8 de noviembre de 2023, de la Secretaría General de Agricultura y Alimentación, por la que se publica la primera Adenda de modificación del Convenio con la Asociación Española de Agricultura de Conservación Suelos Vivos, para la promoción de la agricultura de conservación en el marco del Plan Estratégico de la Política Agrícola Común 2023-2027 de España.

DOG 17 DE NOVEMBRO (219)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Viño.- Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada flavescencia dourada da vide e se establecen medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorizacións ambientais integradas.- Anuncio do 6 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade de resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e de corrección de erro.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento parcial do monte Vilapena, no concello de Trabada (expediente 24_81/2018_5DES).

CMVMC.- Anuncio do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao deslindamento do monte da parroquia de Bravos, no concello de Ourol (expediente 2018_3DES).

CMVMC.- Anuncio do 3 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación de terreos adquiridos pola Comunidade de Furís, propietaria do monte Serra da Lagúa e Cabanelas, no concello de Castroverde (expediente 24/78).

CMVMC.- Anuncio do 6 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 6 de novembro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Rodal de Cerdedelo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cerdedelo e O Pereiro, no concello de Laza.

CMVMC.- Anuncio do 6 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 6 de novembro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Serra de San Salvador e Serra de Meda, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Infesta e Paradiña, no concello de Monterrei.

CMVMC.- Anuncio do 6 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Maxedo e do de Madelo, Altoviñas, Torgal e Fonte Branca, pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pradocabalos, no concello de Viana do Bolo.

CMVMC.- Anuncio do 6 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2023 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Serra de Vales, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bouza, no concello de Viana do Bolo.

BOP A Coruña 17 DE NOVEMBRO (220)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución número 43123 de data 15 de novembro de 2023, pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica, durante o ano 2023 (FOENIA).

Concesións.- Resolución número 43124 de data 15 de novembro de 2023, pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas, federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras e forestais da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2023 (FO028A)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Convocatoria.- Bases da convocatoria para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería do municipio de Santiago de Compostela a través dos bonos Corazón Compostela 2023 e apertura do prazo de adhesión para os establecementos interesados.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias