DOG 20 DE NOVEMBRO (220)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Esgotamento do crédito.- Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).
AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
Corrección de erros.- da Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
SAT.- Resolución do 7 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).
CMVMC.- Edicto do 7 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Costoia, a favor dos/das veciños/as de Costoia, no concello do Carballiño.
CMVMC.- Edicto do 7 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Estada e Foral de Bertamil, a favor dos veciños de Bertamil, no concello do Carballiño.
CMVMC.- Anuncio do 3 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con varias propiedades particulares do monte veciñal en man común Portela, Serra de Pitós e Revolta, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Requiás, no concello de Muíños.
CMVMC.- Anuncio do 3 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento cunha propiedade particular do monte veciñal en man común Costa de Eirexa, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Eirexa, Prados e Ribela, no concello de Coles.
BOP Lugo 20 DE NOVEMBRO (266)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Concesións.- Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a entidades asociativas culturais da provincia de Lugo para a realización de actividades de interese cultural, anualidade 2023.
Concesións.- Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a investimentos en instalacións de carácter cultural e para equipamentos culturais realizados por asociacións culturais da provincia de Lugo, anualidade 2023.
CONSELLO REGULADOR DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA
Viño.- Información a los viticultores de la denominación de origen Ribeira Sacra sobre envío y fecha de validación de cosecha 2023 y declaración al FOGGA.
BOP Ourense 20 DE NOVEMBRO (266)
CONSELLO REGULADOR DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA
Viño.- Información aos/ás viticultores/as da Denominación de Orixe Ribeira Sacra sobre o envío e a data de Validación de Colleita 2023 e declaración ao Fogga. (Páx. 12)
CONSELLO REGULADOR DENOMINACIÓN DE ORIXE VALDEORRAS
Viño.- Información aos/ás viticultores/as da Denominación de Orixe Valdeorras sobre o envío e a data de Validación de Colleita 2023 e declaración ao Fogga. (Páx. 13)
BOP Pontevedra 20 DE NOVEMBRO (223)
MEAÑO
Natalidade.- Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais destinadas ó apoio á natalidade no concello de Meaño 2023.