NORMATIVA DO DÍA 1 DE DECEMBRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 1 DE DECEMBRO (287)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenios.- Resolución de 23 de noviembre de 2023, de la Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios, por la que se publica el Convenio con la Asociación Nacional de Cría y Engorde del Caracol, para impulsar y promocionar el sector helicícola.

DOG 1 DE DECEMBRO (229)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Dependencia.- Orde do 30 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 23 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI440A) (Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 23 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 17 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2023, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Veiga, Gralleiro e Fachado e o de Veiga de Silvoso e Gralleira, no concello de Calvos de Randín.

CMVMC.- Anuncio do 17 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de novembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Couto Redondo de Santoalla, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santoalla, no concello de Petín.

CMVMC.- Anuncio do 17 de novembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 17 de novembro de 2023, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polo representante do monte veciñal en man común Coto Maior, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vila, no concello de Carballeda de Valdeorras.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias