NORMATIVA DO DÍA 4 DE DECEMBRO DE 2023

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 4 DE DECEMBRO (230)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 29 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 27 de abril de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT809G).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de tratamento e transformación de leite de Grupo Leche Río, S.A., en Sabón, concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-50).

Cambio de uso.- Anuncio do 20 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Esposende, no concello de Cenlle (Ourense) (expediente 2023/0087).

BOP Pontevedra 4 DE DECEMBRO (233)

ARBO

Incendios.- Aprobación definitiva do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias