NORMATIVA DO DÍA 14 DE DECEMBRO DE 2023

Plan Renova o teu vehículo.

DOG 14 DE DECEMBRO (236)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

FOGGA.- Resolución do 13 de novembro de 2023, conxunta do Fondo Galego de Garantía Agraria e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se declaran actuacións administrativas automatizadas no ámbito do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). (A emisión de certificados oficiais de aproveitamento de cursos e informes na plataforma de contidos do Fogga.)

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 27 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421T e IN421U). (Extracto). (Solicitude nos concesionarios a partir do 17 de xaneiro de 2024.)

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Concesións.- Resolución do 5 de decembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A). (Extracto).

BOP Lugo 14 DE DECEMBRO (285)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do “programa para a dotación e mellora de servizos comunitarios para o ano 2023”.

BOP Pontevedra 14 DE DECEMBRO (239)

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS

Terras.- convocatoria da primeira poxa de varios lotes de fincas rústicas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias