NORMATIVA DO DÍA 26 DE DECEMBRO DE 2023

“Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.”

DOG 26 DE DECEMBRO (243)

I.DISPOSICIONS XERAIS

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Convocatoria eleccións.- DECRETO 150/2023, do 25 de decembro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.

III. OUTRAS DISPOSICIONS

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Axudas.- ORDE do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT804C).

Extrato.- EXTRACTO da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT804C).

PXOM.- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ordes.

PXOM.- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Sada.

CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL E XUVENTUDE

Subvencións incremento crédito.- ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Correción de erros.- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Flavescencia dourada da vide e se establecen medidas urxentes para a súa erradicación e control na Comunidade Autónoma de Galicia.

VI. ANUNCIOS

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Informe Ambiental.- ANUNCIO do 11 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, no que se fai público o informe ambiental estratéxico relativo ao proxecto de interese autonómico para ampliación da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (expediente 2023AAE2824).

CONSELLERÍA DE ECONOMIA. INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Instalación electrica.- RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2023/352-1).

Instalación electrica.- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CT Couso 2, no concello de Moaña, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/111-4).

AUGAS DE GALICIA

Concesión Caudal.- ANUNCIO do 28 de novembro de 2023, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade á transmisión e novación da concesión dun caudal de auga no concello da Baña (expedientes DH.A15.67626 e DH.T15.84042).

Concesión Caudal.- ANUNCIO do 19 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se someten a información pública o procedemento ambiental e a solicitude de concesión para unha captación de augas nos concellos de Agolada, Santiso e Palas de Rei (expediente DH.A36.88645).

CONCELLO DE LUGO

Pxom.- ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial do sector de solo urbanizable delimitado S.16-R do Plan xeral do ordenación municipal de Lugo.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias