NORMATIVA DO DÍA 2 DE XANEIRO DE 2024

“Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.”

DOG 02 DE XANEIRO (1)

III.OUTRAS DISPOSICIONS

CONSELLERIA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Violencia de xenero.- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI434A).(Extrato)

Violencia de xenero.- RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI434B).(Extrato)(Extrato axuda de indemnización)

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

Plan de rehabilitación.- CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR101L).

CONSELLERIA DE ECONOMIA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Instalación eléctrica.- ACORDO do 4 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2023/189-3).

Instalación eléctrica.- ACORDO do 4 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2023/187-3).

Parque eólico.- ACORDO do 22 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Coto da Mina, situado nos concellos de Piñor e do Irixo (expediente IN661A 2010/01-3 AT).

Instalación eléctrica.- RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT estrada Lamosa, no concello de Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2023/140-4).

Instalación eléctrica.- ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoios LMT ATI713 Casilla, no concello do Porriño.

Instalación eléctrica.- ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Allariz, na provincia de Ourense.

Instalación eléctrica.- ANUNCIO do 15 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Ordes e Oroso (expediente IN407A 2022/229-1).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias