UUAA VALORA EN POSITIVO QUE POR FIN SE ABRAN AXUDAS POLAS PERDAS CAUSADAS POLA RATA TOUPA

A organización pide que se axilice o pago porque o problema persiste

  Sarria, 8 de xaneiro de 2024.- Unións Agrarias valora positivamente que por fin se abriran axudas para paliar as perdas causadas pola rata toupa nas comarcas de montaña de Lugo.

Logo de loitar durante anos contra a falta de medidas e axudas contra desta praga, a organización agraria ve como finalmente foron consignadas e aparecen nos listados de pagos mínimis aos gandeiros publicados pola Xunta de Galicia.

Desde UUAA solicitase que se axilice o pago das cantidades comprometidas e sobre todo que se faga unha previsión orzamentaria para futuros exercicios posto que o problema causado polo rata toupa nos prados seguen sen resolverse  nos concellos das Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Samos e Triacastela.

Dende que os gandeiros da zona deron a voz de alarma ante os destrozos provocados por esta praga Unións Agrarias veu liderando a batalla para que a Xunta de Galicia conceda axudas para paliar os danos e procure solucións que permitan poñerlle couto á praga. Un apoio que chega con atraso e coa área afectada en continua expansión. Motivo polo cal a organización insta tamén a continuar traballando na procura de solucións que permitan poñerlle couto e frear os danos causados por este roedor.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias