NORMATIVA DO DÍA 15 DE XANEIRO DE 2024

Axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos. Bases reguladoras das axudas da deputación da Coruña PEL-PEMES e PEL-Autónomos. Axudas para as ADSG.

DOUE 15 DE XANEIRO

COMUNICACIÓN DE LA COMISIÓN

Vino.- Preguntas y respuestas sobre la aplicación de las normas de la UE relativas a la desalcoholización de los vinos.

DOG 15 DE XANEIRO (10)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Estatística.- Decreto 160/2023, do 28 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 22 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.- da Orde do 11 de decembro de 2023 pola que se regula o Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024 de mellora de camiños municipais de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria rematadas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR101L).

Convocatoria.- Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras (ADSG) de Galicia e se convocan para 2024-2025 (código de procedemento MR237B). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 27 de decembro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG402A). (Extracto)

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Convocatoria.- Resolución do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402A). (Extracto) (Ata o esgotamento do crédito ou o 15 de febreiro)

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

FOGGA.- Orde do 9 de xaneiro de 2024 pola que se declara deserta a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), anunciada pola Orde do 24 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 27 de novembro). (Secretaría do FOGGA)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 3 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de decembro de 2023, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Airas, sito nos concellos de Alfoz e Mondoñedo, promovido por Fergo Galicia Vento-Alfoz, S.L.U. (121-EOL).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 26 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 22 de decembro de 2023, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñales en man común Monte Baixo de Lobeira e mais O Viso, Santas e Ouzal, no concello de Lobeira.

BOP A Coruña 15 DE XANEIRO (11)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Bases reguladoras.- Bases reguladoras do programa de Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3.1 PEL-PEMES Creación e ampliación 2024). (Axuda de ata o 70% dos gastos de contratación dunha duración mínima de 6 meses no ano 2024 por parte de PEMES e autónomos con domicilio fiscal nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes)

Bases reguladoras.- Bases reguladoras do programa de Axudas destinadas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables (PEL-Emprende Investimento 2024) (Axuda de ata o 70% do importe dos investimentos entre 3.500 e 25.000€ realizados no ano 2024 por parte de PEMES e autónomos con domicilio fiscal nun concello con poboación inferior a 10.000 habitantes)

Bases reguladoras.- Bases reguladoras do programa de Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (Liña 3.2 PEL-Pemes mantemento 2024) (Axuda de ata o 50% dos gastos de mantemento dunha contratación subvencionada polo PEL-Pemes Creación e Ampliación 2023)

Bases reguladoras.- Bases reguladoras das Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (Liña 2.7. PEL-Autónomos/as 2024) (200€/mes para sufragar as cotas da seguridade social de persoas autónomas cunha antigüidade máxima de 5 anos que teñan domicilio fiscal nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes)

BOP Lugo 13 DE XANEIRO (11)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Relación de subvencións directas (nominativas e excepcionais) tramitadas pola área de medio rural e do mar, e mocidade da deputación provincial de Lugo, no cuarto trimestre do ano 2023.

CASTROVERDE

CMVMC.- Aprobación inicial do expediente de levantamento topográfico do límite das parcelas que forman o monte comunal da parroquia de Monte e Goi.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias