DOG 17 DE XANEIRO (12)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809B). (Extracto) (Para os danos comunicados entre o 01.10.2023 e o 18.01.2024: ata o 19.02.2024, para os danos ocasionados a partir do 18.01.2024: un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano)
Convocatoria.- Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809E). (Extracto) (Para os danos comunicados entre o 11.10.2023 e o 18.01.2024: ata o 19.02.2024, para os danos ocasionados desde o 18.01.2024: un mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano)
Convocatoria.- Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809D). (Extracto) (Ata o 19.02.2024)
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Concesións.- Resolución do 9 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as axudas con cargo á Resolución do 7 de setembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro).
AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024 (código de procedemento TU503A). (Extracto) (Ata o 19.02.2024)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Anuncio do 3 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións do parque eólico Fial das Corzas, nos concellos de Vilar de Barrio e Laza, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/65).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 29 de decembro de 2023, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se publica a clasificación, por sentenza xudicial, do monte Areosa e Arxomil, do concello de Vimianzo, a favor dos veciños da Areosa e O Arxomil.
BOP Ourense 17 DE XANEIRO (13)
DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA
Exposición pública.- Exposición pública da aprobación provisional do proxecto de construción “Autovía A-56, Lugo-Ourense. Variante de Ourense. Tramo: enlace de Quintela coa N-120 no seu p.q. aprox. 572+000 – enlace de Casilla coa N-525 no seu p.q. 241+200” provincia de Ourense. (Termo municipal de Ourense) (Páx. 2)
ADIF ALTA VELOCIDAD
Exposición pública.- Exposición pública do Proxecto modificado do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes e explanacións) entre os PP.KK. 028+183 e 036+524 do tramo Monforte-Ourense da Liña 810, para os efectos de declaración da necesidade de ocupación. (Termo municipal da Peroxa) (Páx. 20)
BOP Pontevedra 17 DE XANEIRO (12)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Ampliación do prazo de solicitude.- Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para participar no programa “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra”.