DOG 26 DE XANEIRO (19)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814A). (Extracto) (Ata o 26 de febreiro de 2024)
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Modificación das bases.- Orde do 23 de xaneiro de 2024 pola que se modifica a Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D). (para incluír na liña 2 ás persoas societarias beneficiarias da tarifa reducida)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para a rexeneración e/ou mellora en masas consolidadas de frondosas autóctonas e para a xestión forestal sustentable para usos silvopastorais en masas consolidadas de frondosas autóctonas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR620C e MR620D). (Extracto) (Ata o 8 de marzo)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao deslindamento do monte Foxas, Pedrouzos e Grañedos, no concello de Lugo (expediente 27_83/7DES_2020).
CMVMC.- Anuncio do 10 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte de Pol, concello de Baralla (expediente 1/2023).
BOP A Coruña 26 DE XANEIRO (20)
ARANGA
Natalidade.- Aprobación provisional da modificación da ordenanza municipal reguladora do fomento da natalidade.