NORMATIVA DO DÍA 2 DE FEBREIRO DE 2024

Concesións dos plans de mellora, mozos e pequenas explotacións de 2023. Axudas para a creación de superficies forestais. Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal. Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas.

DOG 2 DE FEBREIRO (24)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 29 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR937A). (Extracto). (Ata o esgotamento do crédito ou 30.09.2024)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Convocatoria.- Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C). (Extracto). (Ata o 04.03.2024)

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convenios.- Resolución do 17 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670B). (Extracto). (Ata o 15.03.2024)

Concesións.- Resolución do 22 de decembro de 2023 pola que se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Concesións.- Resolución do 2 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Concesións.- Resolución do 4 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para a creación de empresas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, convocadas pola Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR419A).

Concesións.- Resolución do 11 de xaneiro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Convenio.- Resolución do 19 de xaneiro de 2024 pola que se publica a sétima addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga, en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Convenios.- Resolución do 19 de xaneiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2023.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Parques eólicos.- Anuncio do 22 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico 2ª ampliación Xiabre, nos concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (expediente 2020/0250).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 19 de decembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Uxo, situado no concello de Avión, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2018/05).

Parques eólicos.- Resolución do 12 de xaneiro de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 16 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, no concello de Bande, e mais os montes Fragón, Outeiro e Outeiro D’Arriba e o de Chá, ámbos os dous no concello de Lobeira.

CMVMC.- Anuncio do 16 de xaneiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Regás e Regás e Serra de Palmeiro, no concello de Cartelle.

BOP Pontevedra 2 DE FEBREIRO (24)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Premios.- Premios Sofía Novoa Ortiz concedidos polo servizo de igualdade durante o mes de decembro de 2023.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias