NORMATIVA DO DÍA 16 DE FEBREIRO DE 2024

-Concesión de axudas REESTRUTURACION E RECONVERSION DO VIÑEDO

DOG 16 DE FEBREIRO(34)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesión axudas viñedo.- RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, da convocatoria do ano 2023, ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 (código de procedemento MR446A).

Concesión axudas viñedo.- RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2024 de concesión directa de axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia, desestimadas por falta de crédito pola resolución do procedemento previsto na Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A).

AXENCIA INSTITUTO ENERXETICO DE GALICIA

Concesión axudas .- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).

Concesión axudas .- RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se amplía o crédito orzamentario establecido na Resolución do 27 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Renova o teu vehículo, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- EDICTO do 1 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Parroquia de Bembibre, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Bembibre, no concello de Viana do Bolo.

BOPPO

ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Adif.- Información pública e convocatoria propietarios afectados levantamento actas previas á expropiación, obras de renovación de infraestructura e vía, Monforte de Lemos – bif. Chapela. tramo: estación de Guillarei – estación de Redondela

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias