MÁIS DE 600 TRACTORES E 3000 PERSOAS MOBILÍZANSE EN GALICIA POLO FUTURO DO SECTOR PRODUTOR

Máis de 600 tractores e arredor de 3.000 persoas saíron á rúa este martes para participar nas dez mobilizacións convocadas polas organizacións agrogandeiras galegas en distintos puntos da xeografía. Dende primeira hora da mañá caravanas de tractores mobilizáronse para achegarse aos puntos de concentración fixados na Gudiña, Ourense, Lalín, Lugo, Pedrafita, A Coruña, Santiago de Compostela, Ortigueira, Ribadeo e Vimianzo. Unhas mobilizacións que se desenvolveron de xeito pacífico e que unicamente provocaron retencións puntuais de tráfico nas diferentes estradas da rede viaria galega.

Contra o mediodía os tractores fóronse congregando nas inmediacións da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, e arredor da Delegación e das Subdelegacións do Goberno na Coruña, Lugo e Ourense; así como noutros puntos estratéxicos do resto de localidades, como os accesos a Galicia pola Gudiña, Pedrafita e Ribadeo.

Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asociación Agraria de Galicia foron as responsables dunha convocatoria conxunta que serviu para visibilizar o malestar do sector produtor, e que quixo ser un punto de partida para instar ás administracións a nover ficha e a habilitar as solucións que os agricultores e gandeiros galegos demandan e precisan.

A continuación deixámosvos o texto do manifesto conxunto consensuado polas tres organizacións convocantes e ao que se deu lectura nas dez mobilizacións realizadas; así como unha galería de imaxes das mesmas.

MANIFESTO CONXUNTO

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias