NORMATIVA DO DÍA 8 DE MARZO DE 2024

Orde de convocatoria de axudas da PAC 2024.

BOE 8 DE MARZO (60)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Premios.- de la Orden de 4 de marzo de 2024 por la que se convocan Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales, en su XV edición, correspondientes al año 2024.

DOG 8 DE MARZO (49)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento TR811A).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D). (Extracto)

Concesións.- Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023 (código de procedemento MR361A).

Concesións.- Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR440D).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Solo.- Anuncio do 26 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan básico municipal do concello de Beariz (expediente 2023AAE2855).

Ordenación forestal.- Anuncio do 26 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Montouto, na parroquia de Vilarmel, no concello de Quiroga (Lugo) (expediente 2023/0067).

Cambio de uso.- Anuncio do 26 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta de masa forestal para cambio de uso de varias parcelas na parroquia de Lama, no concello de Láncara (Lugo) (expediente 2023/0049).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Anuncio do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se publica a resolución de concesión das axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión destas axudas e se convocan para o ano 2023, dentro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

BOP Lugo 8 DE MARZO (57)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- Do acordo da xunta de goberno da deputación provincial de Lugo, en sesión celebrada o 1 de marzo de 2024, polo que se aproba a convocatoria e bases que canalizarán as subvencións, en réxime abreviado de concorrencia competitiva, para apoiar a organización de visitas, por parte das ANPAS dos centros de educación infantil e primaria provinciais, ás granxas e explotacións agropecuarias da provincia de Lugo, e actividades asociadas ás mesmas, na execución do programa “da escola á granxa”, na anualidade 2024. (Extracto)

BOP Ourense 8 DE MARZO (49)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria.- Bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios de menor poboación. Programa EmprendOU en feminino. (Extracto)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias