NORMATIVA DO DÍA 11 DE MARZO DE 2024

Resolución das alegacións ao SIXPAC da campaña 2023.

BOE 11 DE MARZO (62)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE HACIENDA

Tierras.- Anuncio de la Delegación de Economía y Hacienda en Pontevedra por el que se convoca primera y segunda subasta de varios lotes de fincas rústicas.

FUNDACIÓN INSTITUTO CAMERAL PARA LA CREACIÓN Y DESARROLLO DE LA EMPRESA (FUNDACIÓN INCYDE).

Convocatoria.- Para ejecutar operaciones de Itinerarios de Emprendimiento Juvenil.

DOG 11 DE MARZO (50)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Cesamentos.- Decreto 31/2024, do 29 de febreiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

Cesamentos.- Decreto 32/2024, do 29 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

Nomeamentos.- Decreto 33/2024, do 29 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

Nomeamentos.- Decreto 34/2024, do 29 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Vespa velutina.- Resolución do 29 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade da encarga á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a execución dos traballos de retirada e destrución de niños incluídos no Programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (avespa velutina).

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento, e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2023 (código de procedemento TR880A).

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

SIXPAC.- Resolución do 28 de febreiro de 2024 pola que se notifican as resolucións das alegacións ao Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2023.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Información pública.- Anuncio do 14 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación avícola de recría de poñedoras situada en Soutopenedo, no concello de San Cibrao das Viñas (Ourense) (expediente 2023-IPPC-I-103).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 27 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Boado e Porto Alto, no concello de Xinzo de Limia.

CMVMC.- Anuncio do 27 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 27 de febreiro de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Aceveda ou Coto Castiñeira e de Chaguazoso, no concello de Vilariño de Conso.

BOP A Coruña 11 DE MARZO (50)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución número 8935 de 6 de marzo de 2024 de aprobación da concesión provisional das subvencións do programa dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAs) da provincia da Coruña para a realización de actividades 2024.

BOP Lugo 11 DE MARZO (59)

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO, O.A. COMISARÍA DE AUGAS

Aproveitamento.- Concesión dun aproveitamento de auga para uso gandeiro na Fonsagrada.

BOP Pontevedra 11 DE MARZO (50)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Premios.- Bases reguladoras da segunda edición dos Premios #Mulleres que Opinan. (Extracto)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias