NORMATIVA DO DÍA 12 DE MARZO DE 2024

Modificación das bases e ampliación do prazo de solicitude das axudas para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal.

BOE 12 DE MARZO (63)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Parques eólicos.- Resolución de 1 de marzo de 2024, de la Dirección General de Política Energética y Minas, por la que se desestima la solicitud de Desarrollos Renovables Iberia Beta, SL, de autorización administrativa previa del parque eólico “Rebordechao”, de 154 MW de potencia instalada, y de sus infraestructuras de evacuación, ubicados en Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadanedo, Montederramo, Maceda, Vilar do Barrio, Laza, Castrelo do Val, Verín, Monterrei y Cualedro (Ourense).

Aprovechamiento de auga.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. por el que se hace público el otorgamiento de la concesión para el aprovechamiento de agua del expediente A/27/37826. (Sarria)

DOG 12 DE MARZO (51)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación das bases e ampliación do prazo de solicitude.- Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta e ao asociacionismo forestal, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR608D, MR608E e MR608F). (Extracto).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Formación.- Resolución do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 28 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 28 de febreiro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Lamas e Prado, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Requeixo, no concello da Veiga.

CMVMC.- Anuncio do 28 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 28 de febreiro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Coto Redondo de Roblido, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Roblido, no concello da Rúa.

CMVMC.- Anuncio do 28 de febreiro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 28 de febreiro de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Campo da Gonza, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Carracedo, Castromao, Corzos e Pradolongo, no concello da Veiga.

TEIMA LABREGA, S. COOP. GALEGA

Anuncio.- Anuncio de disolución da cooperativa.

BOP Ourense 12 DE MARZO (51)

COMUNIDADE DE REGANTES DE SAN MARTIÑO (COLES)

Asemblea.- Convocatoria da asemblea xeral ordinaria desta comunidade de regantes.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias