NORMATIVA DO DÍA 21 DE MARZO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 21 DE MARZO (58)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorizacións Ambientais Integradas.- Anuncio do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marco, sito nos concellos de Rois e Brión (A Coruña) e promovido por Norvento, S.L. (expediente IN408A 2021/041). (Extracto)

Liñas eléctricas.- Resolución do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada incremento dun circuíto na LAT 132 kV Mondoñedo-Meira entre o apoio 22 e a subestación de Meira, nos concellos de Mondoñedo e A Pastoriza (Lugo), e que promove Begasa (expediente 2021/109 ATE).

Liñas eléctricas.- Resolución do 8 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción para a infraestrutura de transporte secundario de enerxía eléctrica correspondente á ampliación da subestación do parque eólico de Sil 220 kV, no termo municipal de Nogueira de Ramuín, que promove Red Eléctrica España, S.A.U. (expediente IN407A 2023/170-3).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Explotación avícola.- Anuncio do 7 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a reforma e ampliación dunha explotación de polos de ceba con capacidade para 81.001 aves no lugar de Sucampo, Seixón, concello de Friol (Lugo) (expediente MR2024/001).

BOP A Coruña 21 DE MARZO (58)

ORDES

Natalidade.- Bases reguladoras para a convocatoria de axudas a prol da natalidade no concello de Ordes.

BOP Lugo 21 DE MARZO (68)

MINISTERIO DE TRANSPORTES E MOBILIDADE SOSTIBLE

Carreteras.- Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia por el que se publica la Resolución del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible por la que se aprueba provisionalmente el Proyecto de Construcción: “Autovía de Santiago – Lugo (A-54). Tramo: Ramal de conexión del enlace de Remonde con la Carretera N-547”. Provincia de Lugo” Clave: 12-LU-4620.B. (Palas de Rei)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias