As reivindicacións que os agricultores e gandeiros levan meses defendendo a pé de rúa foron escoitadas este martes polos Ministros de Agricultura da Unión Europea. O acordo acadado, que deberá ser ratificado polo Parlamento Europeo pola vía de urxencia, supón unha flexibilización da PAC aplicable desde o 1 de xaneiro de 2024 que sen dúbida será beneficiosa para os profesionais do campo. Porén os cambios propostos están moi lonxe de cumprir coas necesidades do rural galego, como a creación dun Eco-Rexime específico para a gandería. Se ben modificacións como as que teñen que ver coa sega e os barbeitos resultarán beneficiosas e facilitarán o acceso dos gandeiros galegos ás axudas PAC queda camiño por andar, e Unións Agrarias continuará traballando para que as características e as necesidades específicas do sector produtor galego sexan tidas en conta e debidamente atendidas.
Unións Agrarias confía en que no próximo mes de abril as negociacións continúen e permitan poñer sobre a mesa as solucións que a gandería galega precisa. E é que, tal e como lamenta a organización, o plantexamento PAC proposto está moi afastado da realidade da nosa Comunidade e centrado nas necesidades da agricultura e da España de secano.
Unións Agrarias lembra ademais que, alén dos acordos acadados a nivel europeo, tamén Ministerio e Xunta de Galicia teñen deberes por facer. Nese senso a organización confía en que as negociacións entre o goberno autonómico e o central que outras Comunidades xa están a impulsar, e que no caso galego teñen quedado en pausa debido ao proceso electoral, poidan activarse canto antes. Na mesma liña, Unións Agrarias insiste na necesidade de que a figura do veterinario de explotación, que nada aporta en seguridade, sanidade nen benestar animal, sexa aliminada do decreto de ordenación de explotacións. E insta a apurar a entrada en vigor do acordo acadado no que ten que ver coa modificación do decreto de nutrición sostible de solos.
A proposta aprobada polos ministros europeos este luns supón unha relaxación dos requisitos ambientais que deben cumprirse para acceder ás axudas PAC e inclúe a exención de controis e sancións para as pequenas explotacións que conten con menos de 10 hectáreas. Un cambio que en Galicia beneficiará a arredor de 12.000 explotacións. A continuación detallamos as modificacións acordadas en relación a distintas BCAMs e Eco-Reximes.
MOFICICACIÓNS DA PAC QUE PROPÓN A COMISIÓN EUROPEA PARA 2024
BCAM 5
Poderán facerse labores no sentido da máxima pendente en:
- Parcelas con superficie igual ou inferior a unha hectárea, ou no caso de parcelas irregulares ou alongadas cuxa dimensión mínima no sentido transversal á pendiente sexa inferior a 100 metros en calquera punto da parcela.
- Plantacións implantadas antes do 1 de xaneiro de 2023 cuxo deseño de plantación, sistema de rego ou sistema de condución non permita realizar laboreo transversalmente á dirección de máxima pendente (sen necesidade de autorización previa como ata agora).
- Plantacións que se implanten con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2023 e nas que as consideracións agronómicas, debidamente xustificadas a criterio a autoridade competente, (iluminación do cultivo, ventos dominantes, situación de camiños, lonxitude de filas, etc.) determinen unha determinada orientación da plantación que impida o laboreo transversal.
BCAM 6
Poderán realizarse labores verticais e aplicación de abonado en verde nos restrollos dos cultivos de inverno.
Nos barbeitos poderán aplicarse emendas orgánicas e puríns todo o ano.
En cultivos leñosos de máis do 10% a obriga de 1 metro de cuberta poderá realizarse con restos de poda. O período onde debe estar a cubierta poderá ser adaptado polas CC.AA.
BCAM 7
O agricultor poderá escoller un dos seguintes requisitos para cumprir con esta BCAM:
- Rotación: Realizar unha rotación de cultivos en todas as parcelas da explotación excepto as cultivadas con cultivos plurianuais, cando menos, tras tres anos; sendo o 2023 o primeiro a ter en conta a fin de establecer a data de inicio das rotacións.
Cando exista un cultivo secundario no mesmo ano que o cultivo principal, este ¡ considerarase parte da rotación, sen que se poidan empregar as terras en barbeito nestes casos. Proponse eliminar a obriga de ter feito uso deste cultivo secundario nas dúas campañas anteriores.
- Diversificación. Para dar cumprimento a esta diversificación deberá terse en conta o seguinte:
- Se a terra de cultivo da explotación é igual ou superior a 10 hectáreas e igual ou inferior a 30 hectáreas, deben cultivarse, cando menos, dous cultivos diferentes sen que o maioritario supoña máis do 75% de dita terra de cultivo.
- Se a terra de cultivo da explotación é superior a 30 hectáreas, debe haber, cando menos, tres cultivos diferentes, sen que o maioritario supoña máis do 75% de dita terra de cultivo e os dous cultivos maioritarios xuntos non poderán ocupar máis do 95% da mesma.
BCAM 8
Elimínase a obriga de deixar o 4% de barbeito ou de elementos non produtivos.
MODIFICACIÓN DOS ECO-REXIMES PARA A SOLICITUDE DE 2025
Propóñense axustes dos requisitos en algúns dos eco-reximes que tiñan relación co Caderno Dixital, xa que este pasa a ser voluntario.
Pastoreo Extensivo
Redución da carga gandeira mínima para a práctica de pastoreo extensivo.
As CC.AA. poderán reducir as cargas gandeiras mínimas a 0,1 UGM/ha en pastos mediterráneos e a 0,2 UGM/ha en pastos húmedos, en base ás tipoloxías e características dos seus pastos, para todo o período de aplicación do PEPAC. OLLO: as CC.AA. xa poden aplicar estes límites á solicitude do ano 2024 previa modificación normativa.
Sega sostible de pastos
Propóñense os seguintes cambios:
- Ampliación do período no que durante 60 días ininterompidos non se pode segar, propoñéndose que este periodo sexa de maio a setembro.
- Elección individual por parte dos gandeiros dos 60 días nos que non van segar.
- Fóra dos períodos de non sega non se limita o número de cortes.
Illas de biodiversidade en pastos
Redúcese a superficie sen segar na explotación do conjunto da superficie de pastos permanentes e pastos temporais do actual 7% ao 4%.
Rotación con especies mellorantes
Elimínase o límite máximo de superficie de barbeito. Lembrar que para a solicitude desta campaña, as CC.AA. poden subir as porcentaxes de barbeito ata un máximo do 40%.
En comarcas cuxa pluviometría media decenal sexa igual ou menor a 400 mm, redñucese do 5% ao 2,5% a superficie mínima de leguminosas requerida nas superficies que se acollan ao eco-rexime en terras de cultivo de secano. En calquera caso, débese chegar a un total de superficie do 10% entre leguminosas e mellorantes, de tal forma que, se en lugar dun 5% de leguminosas se opta por un 2,5%, a porcentaxe restante de mellorantes debe ser o 7,5% para completar o total do 10% esixido na práctica.
Sementeira directa
Inclusión de labores que poden realizarse de maneira excepcional nesta práctica. En situacións excepcionais xustificadas, tales como a compactación do terreo, permitirase o laboreo vertical que non voltee a estrutura do chan e que respecte o mantemento dos restrollos.
Biodiversidade en terras de cultivo
En terras de cultivo, un 7% da superficie de secano e un 4% da superficie de regadío declarada baixo este eco-rexime. Como a BCAM 8 foi suprimida en cuanto á superficie de barbeito adicional, as porcentaxes redúcense. OLLO: isto afecta tamén á solicitude do ano 2024.
Inclusión do no colleitado de leguminosas como cultivo posible. Actualmente só se contemplaban os cereais, as oleaxinosas e as aromáticas.
Incremento do factor de ponderación de illas de biodiversidade a 2 (ata agora era 1,5) para equiparalo ao de marxes de biodiversidade.
Determinación dunha asignación financieira específica no Eco-rexime de Espazos de Biodiversidade para os cultivos baixo auga. Divídese o montante orzamentario total da axuda en dous co obxectivo de definir un sobre específico para la realización desta práctica en cultivos baixo auga.
Eco-reximes en cultivos leñosos
As parcelas que leven tres anos facendo cubertas poderán aplicar tratamentos fitosanitarios por inversión de flora no terceiro.
Posibilidade de combinar cubertas vexetais e inertes. Permítese combinar as cubertas vexetais vivas e as inertes, de xeito que pode existir alternancia entre as distintas rúas dunha mesma parcela. Nese caso cobraríase a axuda correspondente ás cubertas inertes.
Posibilidade de manexo das cubertas mediante gando en todas as parcelas independientemente da pendiente das mesmas.
Posibilidade de realizar marxes de biodiversidade entre rúas de cultivos, non só nos límites das parcelas senón tamén no seu interior, semmpre que se respecten as dimensións mínimas establecidas (anchura mínima: 2 m; lonxitude mínima: 25 m).
Se permitirán labores superficiais verticais pouco profundas de mantemento das cubertas vexetais e inertes, a partir do mes de abril ata setembro, ambos inclusive. En ningún caso estes traballos superficiais suporán a modificación da estrutura do chan.
Durante o período no que non se permiten labores, a cuberta deberá permanecer sobre o terreo, viva ou agostada, eliminándose o requisito de que debe permanecer viva un determinado periodo de tempo.
Permitirase o establecimiento de cubertas, tanto vexetais como inertes, en rúas alternas.
No caso de comarcas cuxa pluviometría media decenal sexa igual ou menor a 400 mm (secanos áridos), tamén se permitirá cumprir coa práctica de cuberta vexetal ou inerte, establecendo esta nunha superficie correspondente ao 50% da superficie declarada.
Lembrar que as CC.AA. poden autorizar labores superficiais pouco profundas, que non supoñan en ningún caso a modificación da estrutura do chan nas prácticas de cubertas vexetais espontáneas ou sementadas.
Biodiversidade en cultivos permanentes
Incremento do factor de ponderación de illas de biodiversidade a 2 (ata agora era 1,5) para equiparalo ao de marxes de biodiversidade.