BOE 24 DE ABRIL (100)
I. DISPOSICIONES GENERALES
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Subvenciones.- Real Decreto 408/2024, de 23 de abril, por el que se modifica el Real Decreto 1055/2021, de 30 de noviembre, por el que se establecen las bases reguladoras para la concesión directa de las subvenciones estatales para la renovación del parque nacional de maquinaria agraria. (Inclúe a ampliación do prazo de presentación da solicitude da PAC ata o 31.05.2024 e o de modificación ata o 15.06.2024)
DOG 24 DE ABRIL (81)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Xunta de Galicia.- Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. (Na Consellería do Medio Rural elimínase a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e créase a Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Cesamento.- Decreto 67/2024, do 22 de abril, polo que se dispón que cese Joaquín Macho Canales como secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural.
Nomeamento.- Decreto 93/2024, do 22 de abril, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural a Jorge Atán Castro.
Nomeamento.- Decreto 94/2024, do 22 de abril, polo que se nomea director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias a Silvestre José Balseiros Guinarte.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Cabeiras e Sela (concello de Arbo), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22017).
CMVMC.- Anuncio do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Baredo (concello de Baiona) e Mougás (concello de Oia), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22082).
CMVMC.- Anuncio do 10 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Baredo e Baíña (concello de Baiona), ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente DC22083).
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Corrección de erros.- Resolución do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 2024, polo que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV colectora da SE Serra do Faro-SE Valdepereira, nos municipios de San Cristovo de Cea, Piñor e O Irixo (Ourense) e Dozón (Pontevedra), promovida por Serra do Faro, S.L. (expediente IN408A 2021/15).
AUGAS DE GALICIA
Aproveitamento de augas.- Anuncio do 27 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rodeiro (expediente DH.A36.98975).