UNIÓNS AGRARIAS REPARTE AMORODOS DE HUELVA PARA PROMOVER O SEU CONSUMO

Será na Praza do Obradoiro o venres 3 de maio no marco da campaña “Eu como amorodos de Huelva porque son sans, seguros e sostibles”

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2024.- O secretario xeral de UPA Andalucía, UPA Huelva e o secretario de Coordinación Sectorial de Unións Agrarias, Cristóbal Cano, Manuel Pedra e Félix Porto, respectivamente, serán os encargados de explicarlle á cidadanía de Santiago de Compostela o vindeiro venres 3 de maio a importancia dun cultivo no que se garante, ao cento por cento, a seguridade alimentaria e a calidade, nun reparto co que prosegue a campaña da organización por todo o estado baixo o lema “Eu como amorodos de Huelva porque son sans, seguros e sostibles”.

A iniciativa “Eu Como amorodos de Huelva porque son sans, seguros e sostibles” chega á capital de Galicia para ofrecer de balde 1.500 quilos desta froita ás persoas que se acheguen ata a Praza do Obradoiro o venres ás 12:00 h. Un evento que trata de poñer en valor a calidade e trazabilidade que os alimentos das hortas onubenses garanten para as persoas consumidoras.

Para Cristóbal Cano “a campaña de promoción, que comezamos en marzo prosegue o seu camiño reforzada polo interese dos cidadáns en consumir amorodos de Huelva. O noso obxectivo segue sendo o mesmo: que todos os españois, habiten onde habiten, teñan moi claro que as fresas de Huelva pódense consumir sen problema algún, porque cumpren ao cento por cento con todos os estándares de calidade e seguridade que nos esixe a Unión Europea”.

Pola súa banda, o secretario xeral de UPA Huelva, manifesta estar orgulloso de traer os amorodos de Huelva ata un lugar tan simbólico “os consumidores galegos deben ser conscientes de que comer amorodos de Huelva é sinónimo de saúde”. Mentres tanto, o anfitrión deste reparto, Félix Porto, convida a todos os composteláns a achegarse o Obradoiro e gozar dun alimento saudable e producido coa seguridade necesarias e lembra que a maior garantía para unha produción de calidade é que os agricultores e gandeiros dispoñan dunha rendas dignas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias