NORMATIVA DO DÍA 3 DE MAIO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais

DOG 3 DE MAIO (87)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 19 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo de revisión do esbozo do monte veciñal denominado monte Cotobade e Castrillón da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cortellas e Lourido, no concello de Soutomaior (expediente RE22008).

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 13 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello da Estrada (expediente DH.A36.75701).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Polígono agroforestal.- Anuncio do 19 de abril de 2024 de emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión parcelaria e do estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade destas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Graña de Seoane, no concello de Montederramo (Ourense) (expediente PA-22-12).

Polígono agroforestal.- Anuncio do 19 de abril de 2024 de emprazamento para o trámite de alegacións no expediente de revisión parcelaria e do estado das parcelas e trámites previos da investigación da titularidade destas no polígono agroforestal de iniciativa pública de Mirallos, no concello da Peroxa (Ourense) (expediente PA-23-02).

BOP A Coruña 3 DE MAIO (86)

AMES

Convocatoria.- Acordo da Xunta de Goberno Local de 25 de abril de 2024 pola que se convocan subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

BOP Lugo 3 DE MAIO (102)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Cabalos.- Procedemento de alleamento de 13 cabalos mediante concorrencia non competitiva e adxudicación directa.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias