NORMATIVA DO DÍA 13 DE MAIO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 13 DE MAIO (92)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Polígono agroforestal.- Decreto 126/2024, do 22 de abril, polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de iniciativa pública da Madanela, no concello de Monterrei (Ourense).

Concesións.- Resolución do 2 de maio de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Cambio de uso.- Anuncio do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta da masa forestal para o cambio da funcionalidade de dúas parcelas, na parroquia de Gomariz, no concello de Leiro (Ourense) (expediente 2023/0088).

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Ampliación de explotación porcina de ceba, ata 2.495 cabezas, na parroquia do Sisto, no concello de Dozón (Pontevedra). Clave do expediente 2022/0091.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 25 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 24 de abril de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Picouto ou Abeleda, Torrente e Veiga, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Corredoira ou Barxés, no concello de Muíños.

CMVMC.- Anuncio do 25 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 24 de abril de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Montes de Esculqueira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Esculqueira, no concello da Mezquita.

CMVMC.- Anuncio do 25 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 23 de abril de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Chaira e Lomba e mais o de Ouzal, Meixeira e outros, no concello de Bande.

CMVMC.- Anuncio do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 23 de abril de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común do Puxedo, Guende e Cela, de Bouzas e o denominado Serra de Lobios e Nichos, no concello de Lobios.

CMVMC.- Anuncio do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 24 de abril de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Fumaces e San Mamede, no concello de Riós.

CMVMC.- Anuncio do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 25 de abril de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Acebedo e Morteiras, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Xares, no concello da Veiga.

CMVMC.- Anuncio do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 25 de abril de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Rotea, Rozadas, Lamagueiro, Costa e Rocegón, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Delás, no concello de Lobios.

CMVMC.- Anuncio do 29 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo de revisión do esbozo do monte veciñal denominado Os Codesás, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común dos Codesás, no concello de Forcarei (expediente RE23003).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Polígono agroforestal.- Acordo do 21 de marzo de 2024 polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública da Madanela no concello de Monterrei (Ourense).

BOP A Coruña 13 DE MAIO (92)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Subvencións.- Texto consolidado do Plan Estratéxico de Subvencións 2020/2024 da Deputación Provincial da Coruña.

BOP Ourense 13 DE MAIO (92)

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, O.A.

Exposición pública.- do Proxecto de demolición da presa de Gudín, no río Faramontaos. Termo municipal de Xinzo de Limia (Ourense).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias