NORMATIVA DO DÍA 4 DE XUÑO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 4 DE XUÑO (135)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Comisaría de Aguas de la Confederación Hidrográfica del Cantábrico, O.A. de información pública en procedimiento de extinción del derecho al uso privativo de las aguas. Expediente A/27/01209.

DOG 4 DE XUÑO (107)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Nomeamento.- Orde do 3 de xuño de 2024 pola que se nomea director territorial na provincia de Ourense a José Antonio Armada Pérez.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalacións eléctricas.- Anuncio do 21 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se notifica a varias persoas interesadas da resolución que publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, relativa ás instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175). (O Irixo)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 22 de maio de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros, a favor dos veciños de Moimenta e Orbán, no concello de Celanova.

BOP A Coruña 4 DE XUÑO (107)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Premios.- Aprobación das bases do VI Premio “Luísa Villalta” a proxectos pola igualdade (2024).

BOP Lugo 4 DE XUÑO (128)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- Convocatoria e bases dos premios “Lugo cambia ao turismo lucense”, do “premio turismo sostible” e dos premios “… e para comer, Lugo á gastronomía lucense” para a anualidade 2024.

BOP Pontevedra 4 DE XUÑO (108)

MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL

Instalacións eléctricas.- Anuncio da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, polo que se convoca para o levantamento de actas previas á ocupación e actas de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución a liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 400kv, dobre circuíto, Beariz–Fontefría, nas provincias de Ourense e Pontevedra. (Avión, Covelo, Boborás e A Cañiza)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias