NORMATIVA DO DÍA 10 DE XUÑO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 10 DE XUÑO (140)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE IGUALDAD

Convenio.- Resolución de 4 de junio de 2024, del Instituto de las Mujeres, por la que se publica el Convenio con Nuevo Microbank, SAU, para realizar actuaciones de promoción y apoyo a las mujeres emprendedoras y empresarias enmarcadas en el desarrollo del programa de microcréditos.

DOG 10 DE XUÑO (111)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Convocatoria.- Orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802R). (Extracto)

Concesións.- Resolución do 29 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (código de procedemento TR852A).

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Vacante.- Orde do 3 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga). (Subdirector/a xeral de Xestión da PAC)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Anuncio do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico Serra da Fracha, nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra (Pontevedra) (expediente 2024/0079).

Explotación agropecuaria.- Anuncio do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de tenreiros de ceba, na parroquia de Vilar de Barrio, no concello de Vilar de Barrio (Ourense) (expediente 2022/0086).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 24 de maio de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación dos montes Chan de Gándara e outros, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bemil, na parroquia de Santa María de Bemil, concello de Caldas de Reis.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Minas.- Acordo do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Novo Frixo número 5291, para recursos da sección C), sito nos concellos de Laza, Sarreaus e Cualedro (Ourense).

Minas.- Acordo do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Novo Cima número 5292, para recursos da sección C), sito nos concellos de Verín e Vilardevós (Ourense).

Minas.- Acordo do 9 de abril de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación, denominado Novo Arboim número 5290, para recursos da sección C), sito no concello de Oímbra (Ourense).

Parques eólicos.- Resolución do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 14 de marzo de 2024, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Neboada, sito nos concellos da Rúa, A Pobra de Trives, San Xoán de Río e Vilamartín de Valdeorras (Ourense) e de Quiroga e Ribas de Sil (Lugo) e promovido por Maia Directorship, S.L. (expediente IN408A 2020/004).

BOP A Coruña 10 DE XUÑO (111)

ARTEIXO

Extracto.- da convocatoria do Programa de axudas ao Fomento do Emprego para o ano 2024. (Axudas para a creación de empresas e para a contratación).

BOP Pontevedra 10 DE XUÑO (112)

VIGO

Extracto.- do acordo da xunta de goberno local do 24/05/2024 polo que se convocan as subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro para o ano 2024. (Para CMVMC, entidades sociais e asistenciais entre outras).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias