NORMATIVA DO DÍA 24 DE XUÑO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 24 DE XUÑO (152)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRANSPORTES Y MOVILIDAD SOSTENIBLE

Expropiación.- Resolución de la Dirección General del Sector Ferroviario por la que se abre Información Pública y se convoca a los propietarios de los bienes y derechos afectados al levantamiento de las actas previas correspondientes al Expediente de Expropiación Forzosa 035ADIF2417 motivado por las obras del “Proyecto Básico de la Modificación n.º 1 del Proyecto de Construcción de plataforma de integración urbana y acondicionamiento de la Red Ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela – Túnel de Rante” en los términos municipales de Taboadela y San Cibrao das Viñas (Ourense).

DOG 24 DE XUÑO (121)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Espazos naturais.- Decreto 159/2024, do 10 de xuño, polo que se aproba o Plan de xestión do monumento natural da serra de Pena Corneira, nos concellos de Avión, Carballeda de Avia e Leiro, provincia de Ourense.

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Concesións.- Resolución do 14 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade á relación das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para as actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

PXOM.- Resolución do 10 de xuño de 2024, da Dirección xeral de Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Pino (A Coruña) para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 724/2023 (procedemento ordinario 5352/2023).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de xuño de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Xestosa e Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, no concello de Toén.

BOP Lugo 24 DE XUÑO (145)

LUGO

Artesanía.- Apertura de novo prazo de licitación para autorizacións para a instalación dos postos de venda da Feira de Artesanía e Gastronomía “Gastroarte” das Festas de San Froilán 2024.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias