UNIÓNS AGRARIAS LAMENTA QUE O SECTOR CÁRNICO QUEDARA FORA BAIXADA DO IVE

Resulta incomprensible castigar unha activade clave na loita contra o despoboamento

Santiago 22 de xuño de 2024- Unións Agrarias lamenta que o Goberno deixara novamente fora da rebaixa do IVE a un produto como a carne. Resulta incomprensible que nas sucesivas caídas tributarias que se veñen dando na alimentación desde 2022 ata agora incorporar o aceite, nunca se escoitaran as razóns da gandería extensiva para ser incluída nas mesmas. Desde a organización agraria afírmase que desde o punto de vista social, económico e mesmo nutricional o veto á carne non se sostén porque é un produto de primeira necesidade que debe de ser accesible para as familias vulnerables.

Neste sentido, UUAA lembra o carácter estratéxico do sector produtor de carne, supón o derradeiro soporte económico e social para comarcas enteiras nas que o despoboamento e o colapso demográfico son xa unha realidade. E destaca o imprescindible papel que realizan dende o punto de vista da xestión do territorio e a prevención dos lumes. En Galicia temos 20.000 explotacións de carne de vacún das que 8.000 están inscritas en Ternera Gallega e 6.000 poden considerarse profesionais. O 32% das mesmas atópanse en zonas de montaña: en torno a 2.500.

Ademais, sectores produtivos como o porcino están nestes intres nun momento de especial incerteza polas ameazas de boicot do mercado chino sobre as importacións españolas e mesmo o sector cunícola tamén se atopa nun momento complexo pola suba dos custes de produción que está a afogar a gandería de carne polo encarecemento dos insumos.

Para Félix Porto, secretario de Coordinación sectorial de UUAA, “temos que valorar a sensibilidade do Goberno cos consumidores e cos produtores de aceite, pero é un grave erro que non se inclúa a carne na cesta de produtos básicos aos que lles baixan o IVE. Parece outra proba de que hai sectores do Goberno que queren converter  a carne nun alimento proscrito”. Ademais insístese na necesidade a cumprir tamén cos compromisos adquiridos para rematar coa venda a perdas e garantir o cumprimento da Lei de Cadea no cárnico de vacún e a posta en marcha efectiva do Observatorio de Custos e da AICA galega.

Finalmente, a organización agrogandeira volve facer un chamamento para que Xunta de Galicia e IXP vaian da man para buscar novas vías que permitan revalorizar e dar saída á carne de Ternera Gallega, cuxas ventas se atopan nestes momentos estancadas debido ao desaxuste entre oferta e demanda pola saturación que do  mercado local e da necesidade de buscar novas vías para darlle saída á carne.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias