NORMATIVA DO DÍA 25 DE XUÑO DE 2024

Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración.

DOG 25 DE XUÑO (122)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Concesións.- Resolución do 17 de xuño de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Resolución do 15 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2024 (código de procedemento MR302B).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Acordo do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa para a transmisión a favor de UFD Distribución Electricidad, S.A. de instalacións eléctricas nos concellos de Vimianzo e Muxía, para a integración na rede de distribución (expediente IN407A 2024/80-1).

Instalación eléctrica.- Acordo do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2024/48-2).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 15/77 e vinte e cinco máis.

CMVMC.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Pol, no concello de Baralla (expediente 1/2023).

CMVMC.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra o acordo de revisión de esbozo do monte veciñal de Paradaseca, concello de Quiroga (expediente 56_76/2022_195).

CMVMC.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra o acordo de revisión de esbozo do monte veciñal de Bustelo, no concello de Negueira de Muñiz (expediente 39_73/2020_66).

Cambio de uso.- Anuncio do 12 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 10 de xuño de 2024 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Muradelle do termo municipal de Chantada (Lugo).

BOP A Coruña 25 DE XUÑO (121)

TEO

Convocatoria.- Bases da Convocatoria de Subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero para 2024.

BOP Lugo 25 DE XUÑO (146)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Listaxe definitiva de beneficiarios, excluídos e renuncia das bases para o fomento do cultivo de trigo (variedades autóctonas) e a plantación de physalis programa “Y para vivir Lugo” para a anualidade 2024.

Concesións.- Listaxe definitiva de beneficiarios das bases para o fomento do alugueiro e a creación dunha bolsa dispoñible de vivendas no rural na execución do programa “Y para vivir Lugo”.

BOP Ourense 25 DE XUÑO (122)

ADIF ALTA VELOCIDAD

Expropiacións.- Resolución da Dirección Xeral do Sector Ferroviario pola que se abre información pública e emprázanse os/as titulares dos bens e dereitos afectados para que redacten a acta previa correspondente ao expediente de expropiación forzosa 035ADIF2417, motivada polas obras do “Proxecto básico do modificación no 1 do Proxecto de construción da plataforma de integración urbana e acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela – Túnel de Rante” nos concellos de Taboadela e San Cibrao das Viñas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias