NORMATIVA DO DÍA 26 DE XUÑO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 26 DE XUÑO (123)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Modificación Orde.- ORDE do 19 de xuño de 2024 pola que se modifica a Orde do 17 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814A).

CONSELLERIA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Ampliación de prazo.- ORDE do 20 de xuño de 2024 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes e se modifica o órgano instrutor da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR880A).

Esgotamento do crédito Galicia Bono.– RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 44.04.324C.781.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802L).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Ampliación de crédito.– RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 de ampliación de crédito e redistribución dos importes por grupos de desenvolvemento rural (GDR) e por tipoloxías de gasto, correspondente á convocatoria de proxectos Leader (submedida 19.20 do PDR de Galicia 2014-20) para a anualidade 2024.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Declaración de impacto ambiental.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Ampliación de explotación avícola de galiñas poñedoras na parroquia de Albarellos, no concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2024/0120). Informe ambiental extratéxico.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo – cambio de cualificación urbanística dos equipamentos denominados pista deportiva de Gontade e EEI de Gontade, no concello de Carballo (expediente 2024AAE2885).

Declaración de impacto ambiental.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto LAT 132 kV SET PE Troitomil – LAT 132 kV SET PE Banzas/SET colectora Lousame, nos concellos da Baña e Negreira (A Coruña) (expediente 2020/0284).

Declaración de impacto ambiental.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo, no concello da Baña (A Coruña) (expediente 2020/0285).

Informe ambiental extratéxico.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade ao informe ambiental estratéxico relativo ao Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da ampliación do parque empresarial de Santa Comba (expediente 2024AAE2871).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.– ACORDO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2023/071-3).

Instalación eléctrica.– ACORDO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Cartelle e Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/072-3).

Instalación eléctrica.– ACORDO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Vilardevós (expediente IN407A 2024/070-3).

Instalación eléctrica.– ACORDO do 6 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Baleira (expediente IN407A 2024/51-2).

Instalación eléctrica.– RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Verín (expediente IN407A 2024/046-3).

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2023/247-1).

CMVMC.- ANUNCIO do 12 de xuño de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos aos deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 99/76 e trinta e nove máis).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias