NORMATIVA DO DIA 2 DE XULLO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais

DOG 02 DE XULLO (127)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se convoca aos interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma LMTA CBD807, no concello de Ribadumia.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- ANUNCIO do 18 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar) para seren notificados por comparecencia de resolucións que modifican as bases e o acordo de reestruturación/concentración da zona.

Concentración parcelaria.- ANUNCIO do 19 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varios interesados/as a modificación das bases definitivas por inclusión de núcleos rurais e terreos de solo rústico na zona de concentración parcelaria de Brandariz-Obra-Sector Brandariz (Vila de Cruces-Pontevedra).

Concentración parcelaria.- ANUNCIO do 20 de xuño 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración da zona.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias