NORMATIVA DO DÍA 9 DE XULLO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 09 DE XULLO (132)

III. OUTRAS DISPOSICIONS

CONSELLERIA DE MEDIO RURAL

Resolución axudas.- RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas a investimentos en materia de bioseguridade en viveiros, acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, ao abeiro da Orde do 17 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o procedemento MR406C.

IV. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- ACORDO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2024/079-3).

Instalación eléctrica.- ACORDO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Ramirás (expediente IN407A 2024/078-3).

Instalación eléctrica.- ACORDO do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Cartelle (expediente IN407A 2024/074-3).

Instalación eléctrica.- RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declaran, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, instalacións eléctricas no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/027-3).

BOP CORUÑA 09 DE XULLO (131)

XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA-SERVIZO DE ENERXIA E MINAS

Instalación eléctrica.- Resolución do 1 de xullo de 2024 da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización admtva. previa, construción e DUP, en concreto, da instalación de distribución eléctrica no C. de Carballo (expediente IN407A 2022/328-1)

Instalación eléctrica.- Acordo do 1 de xullo de 2024 da Dirección Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, que sinala data para o pagamento do prezo xusto por expropiación no concello de A Laracha (expediente IN407A 2022/71-1)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias