DOG 17 DE XULLO (138)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Concesións.- Resolución do 5 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).
Concesións.- Resolución do 5 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E).
VI. ANUNCIOS
AUGAS DE GALICIA
Aproveitamento de augas.- Anuncio do 11 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello do Pino (expediente DH.A15.100079). (Comunidade de Regantes de Fontaíña, Parañoa e Eiras)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Polígono agroforestal.- Anuncio do 3 de xullo de 2024 polo que se propón a aprobación do proxecto básico do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Ourense).
BOP Pontevedra 17 DE XULLO (139)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Ampliación do orzamento.- Modificación das bases reguladoras e convocatoria de subvencións do programa de axudas a comunidades de usuarios de augas da provincia de Pontevedra para o ano 2024 (PROGRAMA +AQUA_2024). (Extracto) (Pasa de 1M€ a 1,6 M€)
VILAGARCÍA DE AROUSA Incendios.- Extracto da convocatoria de axudas a proxectos de actuacións preventivas e/ou obra forestal destinadas á prevención e defensa contra os incendios e protección dos montes do concello de Vilagarcía de Arousa 2024.