NORMATIVA DO DÍA 18 DE XULLO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 18 DE XULLO (173)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Certificados de Ahorro Energético.- Resolución de 3 de julio de 2024, de la Dirección General de Planificación y Coordinación Energética, por la que se actualiza el Anexo I de la Orden TED/845/2023, de 18 de julio, por la que se aprueba el catálogo de medidas estandarizadas de eficiencia energética. (Pantallas térmicas en invernaderos y recuperación del calor por medio de un sistema para el preenfriamiento de la leche).

DOG 18 DE XULLO (139)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR349W). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ampliación do orzamento.- Orde do 12 de xullo de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 13 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR361A). (Extracto) (Pasa de 4,5M€ a 6,53M€)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Resolución do 3 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se lle dá publicidade á Resolución do 25 de xuño de 2024 pola que se declara a situación de pendencia por inexistencia, extinción ou desaparición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Ferreirúa, Filgueira, Fraga, Lousadela e Portas, propietaria do monte veciñal en man común (MVMC) Escrita, Moa e Cerengo.

CMVMC.- Anuncio do 3 de xullo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 2 de xullo de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Serra de Ladeiras, Costa e Lomba das Cortes, Outeiro Chans, Coto do Corvo, Uxal e Baralla, e Serra da Pena, Lomba, Cumieira e Lomba, Barco Maior e Ollo do Boi, no concello de Cortegada.

CMVMC.- Anuncio do 3 de xullo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 2 de xullo de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común de Oural e Texo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bozqueimado, Casteligo, Celeiros, A Ventosa e Lamas, no concello de Chandrexa de Queixa.

CMVMC.- Anuncio do 3 de xullo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 1 de xullo de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común de Castro Puxando e Tardeles, no concello de Xunqueira de Espadanedo.

CMVMC.- Anuncio do 4 de xullo de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de xullo de 2024, relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común de Albán, pertencente á CMVMC de Aldea do Muíño, no concello de Rairiz de Veiga.

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas – Anuncio do 7 de xuño de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Oia que supón a extinción da concesión con clave DH.A36.09266, outorgada o 14 de marzo de 2006 (expediente DH.A36.87649).

BOP A Coruña 18 DE XULLO (138)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FO103A: convocatoria do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2024.

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Convocatoria.- Extracto da resolución da Concelleira delegada de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude pola que se acorda aprobar as bases reguladoras de “subvencións dirixidas ás entidades sociais para o ano 2024”.

BOP Pontevedra 18 DE XULLO (140)

CÁMARA DE COMERCIO DE PONTEVEDRA, VIGO E VILAGARCÍA

Convocatoria.- PYME GLOBAL – Showrooms vinos Denominación de Orixe Rías Baixas en Asia.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias