NORMATIVA DO DÍA 14 DE AGOSTO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 14 DE AGOSTO (157)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 2 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, pola que se publica a Resolución do 1 de agosto de 2024, de concesión das axudas para a posta en marcha de casas do maior convocadas na Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Ampliación do prazo de execución e xustificación.- Resolución do 26 de xullo de 2024 pola que se modifica a Resolución do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2021-2023 (código de procedemento PR608A).

VI. ANUNCIOS

AUGAS DE GALICIA

Concesión de augas.- Anuncio do 31 de xullo de 2024, da Comisaría de Augas de Galicia, polo que se someten ao trámite de información pública as solicitudes dunha concesión de augas superficiais para a execución dun almacenamento hidráulico de enerxía no río Xallas, concello de Mazaricos, A Coruña (clave AC/7/180)

BOP Ourense 14 DE AGOSTO (157)

ADIF ALTA VELOCIDADE

Expropiacións.- Resolución da Dirección Xeral do Sector Ferroviario pola que se abre información pública e se emprazan os/as titulares dos bens e dereitos afectados para que redacten a acta previa correspondente ao expediente de expropiación forzosa 238ADIF2497, motivado polas obras do “Proxecto construtivo para a supresión do paso a nivel do PK 42/743 da liña Monforte de Lemos – Vigo. Concello de Ourense” no Concello de Ourense (Ourense)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias