NORMATIVA DO DÍA 20 DE AGOSTO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 20 DE AGOSTO (159)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI461B). (Extracto)

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Agroambientais.- Resolución do 8 de agosto de 2024 pola que se declaran as perdas de dereito ás axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo fondo Feader.

BOP Lugo 20 DE AGOSTO (192)

BARREIROS

Incendios.- Aprobación inicial da ordenanza de xestión da biomasa e actividades forestais.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias