NORMATIVA DO DÍA 21 DE AGOSTO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 21 DE AGOSTO (202)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE ECONOMÍA, COMERCIO Y EMPRESA

Extracto.- de la Resolución de 19 de agosto de 2024 de ICEX España Exportación e Inversiones, E.P.E. por la que se convoca para 2024 la concesión de subvenciones del «Programa ICEX Next de Iniciación y Consolidación de la Exportación» de ICEX España Exportación el Inversiones, E.P.E.

DOG 21 DE AGOSTO (160)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Concesións.- Resolución do 6 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300C).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte de Marín, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián, no concello de Marín (expediente RE22041).

CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Campo, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Campo, no concello de Marín (expediente RE22040).

CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Santiña, Horvenllo e Sequeiros, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santiña, Horvenllo e Sequeiros, no concello de Portas (expediente RE22038).

CMVMC.- Anuncio do 1 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Couso, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Couso, no concello de Ponteareas (expediente RE22035).

BOP Ourense 21 DE AGOSTO (161)

CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMATICO

Caza.- Exposición pública do inicio do procedemento para a aprobación do Plan de ordenación cinexética da zona libre de caza “Serra do Eixo” OU-02, no Concello de Carballeda de Valdeorras.

Caza.- Exposición pública do inicio do procedemento para a aprobación do Plan de ordenación cinexética da zona libre de caza “Prada” OU-03, no Concello da Veiga.

Caza.- Exposición pública do inicio do procedemento para a aprobación do Plan de ordenación cinexética da zona libre de caza “Mandrás – Vilaseco” OU-09, nos concellos de San Cristovo de Cea, Maside, Amoeiro e Vilamarín.

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

Pataca.- Bases para participar na Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícola, 5.ª edición, ano 2024.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias