NORMATIVA DO DÍA 26 DE AGOSTO DE 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 26 DE AGOSTO (206)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. por el que se hace público el otorgamiento de la concesión para aprovechamiento de 0,974 l/s de agua procedente del manantial Fonte de Xesto, en Monte Galiñeiras, parroquia de Outeiro (Santa María), en el término municipal de Castro de Rei (Lugo) para usos ganaderos y riego de 0,09 has. Expediente: A/27/31836.

DOG 26 DE AGOSTO (163)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Ampliación do orzamento.- Orde do 20 de agosto de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 27 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI461A).

Concesións.- Resolución do 19 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 19 de agosto de 2024 de concesión das axudas convocadas mediante a Orde do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 5 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo dos montes veciñais denominados Curuxeiras e Montecelo, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xurxo, no concello de Salceda de Caselas (expediente RE22048).

CMVMC.- Anuncio do 5 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Loureda, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bértola, no concello de Vilaboa (expediente RE22047).

CMVMC.- Anuncio do 5 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Covelo, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covelo, no concello de Ponte Caldelas (expediente RE22044).

CMVMC.- ANUNCIO do 5 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo dos montes veciñais denominados Monte Limeres e Monte Limeres II, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Limeres, no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente RE22043).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias