DOUE 6 DE SETEMBRO
REGLAMENTOS
Nutrientes.- Reglamento de Ejecución (UE) 2024/2212 de la Comisión, de 3 de septiembre de 2024, por el que se establecen normas para la aplicación del Reglamento (UE) 2022/2379 del Parlamento Europeo y del Consejo en lo relativo a las estadísticas sobre nutrientes. (Ata o 31.10.2039)
Cadena alimentaria.- Decisión de Ejecución (UE) 2024/2210 de la Comisión, de 5 de septiembre de 2024, que modifica la Decisión de Ejecución (UE) 2020/1550 actualizando el programa plurianual de controles para el período 2021-2025 y estableciendo el programa de controles de la Comisión para 2025 en los Estados miembros para comprobar la aplicación de la legislación de la Unión relativa a la cadena agroalimentaria.
DOG 6 DE SETEMBRO (172)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Concesións.- Resolución do 29 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos, as persoas físicas e as entidades (asociacións e comunidades de montes veciñais en man común), beneficiarios das subvencións concedidas, en virtude da Orde do 17 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025, das axudas a estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Ampliación do prazo de xustificación.- Resolución do 2 de setembro de 2024 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 28 da Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).
Ampliación do prazo de xustificación.- Resolución do 2 de setembro de 2024 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 27 da Resolución do 29 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Resolución do 7 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Patiñeiro, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2019/70). (Extracto)
Parques eólicos.- Anuncio do 22 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se notifica a Resolución que fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de febreiro, polo que se outorga a declaración de utilidade pública e compatibilidade do parque eólico Serra da Lagoa, en Baralla (expediente LU-11/137-EOL).
AUGAS DE GALICIA
Aproveitamento de augas.- Anuncio do 2 de agosto de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Arzúa (expediente DH.A15.102544).