DOG 9 DE SETEMBRO (173)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 26 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de infraestruturas de almacenamento enerxético, que favorezan a electrificación da demanda de enerxía para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN425A). (Extracto)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Concesións.- Resolución do 28 de agosto de 2024 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas por este instituto durante o primeiro e o segundo trimestres de 2023.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Cambio de uso.- Anuncio do 27 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta de masa forestal para cambio de funcionalidade no uso do solo en varias parcelas na parroquia da Bastida, no concello da Fonsagrada (expediente 2023/0118).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 20 de agosto de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do acordo da revisión do esbozo do monte veciñal denominado Chan do Marco, Loma Chorosa e Cruz, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sendelle (expediente RE22017). (Crecente)