Santiago, 6 de setembro de 2024.- Unións Agrarias advirte que o vindeiro día 20 de setembro se mobilizará en Santiago de non concretarse de maneira urxente un panel de medidas que atallen o descontrol da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE),que está levando a unha situación límite as explotacións de vacún de carne e de leite de Galicia. A organización lembra que o vindeiro 8 de setembro remata a prórroga que permite o movemento de animais sen estar vacinados contra a doenza da lingua azul, polo que todas as explotacións que teñan animais afectados pola EHE, e que polo tanto non poidan vacinar contra a lingua azul, quedarán bloqueadas semanas coas perdas que iso leva para cada granxa. A falta de protocolos claros por parte da Consellería do Medio Rural na xestión da EHE e por outro lado a inacción tanto da Xunta como do Ministerio de Agricultura a hora de publicar as axudas está levando, nestes momentos a 27 comarcas gandeiras a unha situación límite, neste sentido destaca a grave afectación na montaña lucense de máis de cincuenta explotación que por distintos motivos non puideron vacinar de lingua azul . Polo tanto, Unións Agraria insta á Xunta de Galicia a actualizar os importes das indemnizacións por EHE de xeito que se cubran tanto a totalidade dos custos ocasionados polo tratamento desta doenza como a desinsección nas explotacións, os abortos e o lucro cesante, xa que as perdas e mermas de producción, tanto en leite como en carne, se producen dende o momento que os animais se contaxian de EHE. A día de hoxe o importe que un gandeiro galego recibe en caso de morte dunha vaca por EHE oscila entre os 286,89 e os 661,29€, dependendo da raza e idade do animal. Porén, a aportación da Xunta de Galicia limítase aos casos de morte, e non está a cubrir ningún dos gastos que a doenza ocasiona nas explotacións. Algo que si fan xa outras Comunidades. Ademais, a diferenza entre a subvención por morte por EHE entre Galicia e esta última Comunidade pode chegar a superar os 700€. Unha variación que se acentúa e se volve especialmente discriminador dentro da propia administración galega, dependendo de se é a Consellería de Medio Rural ou a de Medio Ambiente a que debe facerse cargo do pagamento no caso de ataques de lobo, que oscilan entre os 956,80 e os 4.109,30€ por animal morto, dependendo de raza e idade.
UUAA MOBILIZARÁSE ANTE A FALTA DE SOLUCIÓNS PARA A EHE
A organización fixa o vindeiro día 20 como inicio do calendario de protestas