DOG 16 DE SETEMBRO (178)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Concesións.- Resolución do 6 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 5 de setembro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Vidueiro, Penelas, Valelonga, Preiro, Searas e Almeide, a favor da Comunidade de Montes Veciñais de Boado e Porto Alto, no concello de Xinzo de Limia.
RIBADAVIA
Viño.- Anuncio polo que se aproba definitivamente o Plan especial de protección e de infraestruturas e dotacións para a implantación de bodega e actividades de enoturismo no lugar de Campo Redondo, Santo André, Ribadavia.
BOP Pontevedra 16 DE SETEMBRO (180)
LALÍN
Extracto.- da convocatoria dos premios do XXI concurso de cartas “dillo a quen maltrata 2024”.