NORMATIVA DO DÍA 30 DE SETEMBRO DO 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 30 DE SETEMBRO (188)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERIA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Incremento dotación orzamentaria.- ORDE do 24 de setembro de 2024 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI434A).

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Modificación prazos de xustificación.- RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 28.1 e de solicitude de pagamento anticipado establecidos no artigo 31.4 da Resolución do 29 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se convoca para o ano 2024 (códigos de procedemento IN848E e IN848D).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- ACORDO do 12 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (expediente 2019/25-ATE).

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 13 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2023/140-3).

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 17 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Rubiá (expediente IN407A 2023/60-3).

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 19 de setembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/257-1.

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 19 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, realizada pola empresa beneficiaria da expropiación.

Instalación eléctrica.– ANUNCIO do 19 de setembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a consignación de depósitos de prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación LAT 66 kV Pontesampaio a Lourizán.

BOP Coruña 30 DE SETEMBRO (188)

ADMINISTRACION LOCAL

NARÓN

Axudas.– Extracto de la Resolución de 16 de septiembre de 2024 de la Alcaldía del Ayuntamiento de Narón por la que se convocan ayudas para el pago de las liquidaciones tributarias de acometidas para abastecimiento de agua potable y red de alcantarillado en la zona rural.

OUTES

Axudas.– Extracto de acuerdo de la Junta de Gobierno Local de fecha 27 de agosto de 2024 por la que se aprueban las

bases reguladoras de la convocatoria de ayudas individuales destinadas a la promoción de la autonomía personal y la accesibilidad.

SAN SADURNIÑO

Axudas.– Extracto del Acuerdo de 23 de septiembre de 2024 de la Junta de Gobierno Local por el que se convocan subvenciones a entidades y asociaciones sin ánimo de lucro que desarrollen acciones en el ámbito de la cultura en el año 2024.

Axudas.– Extracto del Acuerdo de 23 de septiembre de 2024 de la Junta de Gobierno Local por el que se convocan subvenciones para la promoción del deporte y entidades deportivas para 2024.

BOP Lugo 30 DE SETEMBRO

CONCELLOS

O CORGO

Tala de árbores.– TALA DE ÁRBORES EN MONTE COMUNAL DE A VACARIZA (PÁX. 5, R. 2850)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias