NORMATIVA DO DÍA 17 DE OUTUBRO DO 2024

Programa "o que non arde" da Deputación de Lugo.

BOE 17 DE OUTUBRO (251)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Convenios.- Resolución de 7 de octubre de 2024, de la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria, por la que se publica el Convenio con la Federación de Asociaciones de Mujeres Rurales, para el establecimiento de un marco de colaboración para la organización conjunta de la jornada estatal 2024 «20 años avanzando en igualdad en el medio rural español».

DOG 17 DE OUTUBRO (201)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 7 de outubro de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento creadores de emprego previstos no instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, territorio P2 A Coruña, modalidade de pequenas e medianas empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408J). (Extracto). (Investimento mínimo de 60.000€ que supoña a creación neta de emprego. Excluído o sector agrícola primario)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 4 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de outubro de 2024 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Val do Dorno, Montemiau, Costa dos Marcos, Costa do Muíño Novo e Outeiro de Almorzo, no concello de Toén.

CMVMC.- Anuncio do 4 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de outubro de 2024 relativa á solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man común Couto Redondo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Feá e Quenlle, no concello de Toén.

BOP Lugo 17 DE OUTUBRO (240)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- e bases que canalizarán as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar o fomento de boas prácticas de silvopastoreo e pastoreo en extensivo que contribúan á redución dos niveis de biomasa existente, na execución do programa “o que non arde”, na anualidade 2024. (Extracto) (Ata o 8 de novembro)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias