NORMATIVA DO DÍA 30 DE OUTUBRO DO 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 30 DE OUTUBRO (262)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 3,11 l/s de agua procedente de cinco (5) pozos en las fincas “Cortiñas” y “A Lama”, en Outeiro, término municipal de Allariz (Ourense), con destino a abastecimiento de granja de vacuno y riego. Expte.: A/32/02207/E.

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 0,318 l/s de agua procedente de un manantial en la finca denominada As Corgas, término municipal de Allariz (Ourense), con destino a usos domésticos y pecuarios. Expte.: A/32/09149/E.

DOG 30 DE OUTUBRO (210)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

GDR.- Resolución do 22 de outubro de 2024 pola que se regula a comunicación da adhesión dos grupos de desenvolvemento rural aos convenios de colaboración asinados con esta axencia, a autorización dos seus gastos anuais e a aprobación das súas actuacións, no marco da PEPAC 2023/2027 (códigos de procedemento MR701G, MR701H e MR701I).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Acordo do 23 de agosto de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto parque eólico Monte Inxeiro, nos concellos de Ordes e Cerceda (A Coruña) (expediente IN408A 2017/025).

Parques eólicos.- Anuncio do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Muíño da Madanela e a súa liña de evacuación, nos concellos de Barreiros e Ribadeo (Lugo) (clave do expediente 2024/0163).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Instalacións eléctricas.- Resolución do 23 de outubro de 2024, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2023/24-2).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 15 de outubro de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Paradela, a favor dos veciños/as de Paradela, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias