NORMATIVA DO DÍA 5 DE NOVEMBRO DO 2024

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 5 DE NOVEMBRO (213)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.- Orde do 7 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR465A). (flavescencia dourada)

Concesións.- Resolución do 30 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se resolven as solicitudes de subvención convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo, e se convocan para o ano 2024, no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento MR406B).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Polígono agroforestal.- Resolución do 17 de outubro de 2024 pola que se aproba o polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Oímbra-Ourense).

Polígono agroforestal.- Resolución do 22 de outubro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria de concorrencia competitiva para a selección de propostas de actuación do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Oímbra-Ourense) (código de procedemento MR711F).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 22 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite na parroquia de Ferreiros, no concello de Pol (Lugo) (expediente 2022/0003).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Anuncio.- Acordo do 4 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Bouzalonga número 7198, situado nos concellos de Ordes e Oroso (A Coruña) para recursos da sección C), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

Anuncio.- Acordo do 4 de outubro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude do permiso de investigación denominado Carballeira número 7199, situado nos concellos de Boimorto e Mesía (A Coruña) para recursos da sección C), promovido pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Basadre-Eidián-Ramil, no concello de Agolada (Pontevedra).

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria da Baíña-Berredo-Órrea, no concello de Agolada (Pontevedra).

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 14 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, no concello de Agolada.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias