O CADERNO DIXITAL CHEGA ÁS GRANXAS COMO ALIADO DO TRABALLO NO CAMPO

UPA lanza un ambicioso proxecto de asesoramento en dixitalización para agricultores e gandeiros, que en Galicia desenrolará UUAA. O obxectivo, que as ferramentas dixitais cheguen ás explotacións familiares e sirvan para mellorar a súa eficiencia, rendibilidade e sostibilidade.

11 de novembro de 2024. UPA executará un ambicioso proxecto de asesoramento en dixitalización para agricultores e gandeiros. Baixo o título de “O Caderno Dixital na túa man”, a organización asesorará a preto de oitocentos agricultores e gandeiros no uso de ferramentas dixitais aplicables á agricultura e á gandería.

O proxecto estará financiado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e será executado coa colaboración de empresas líderes no sector da dixitalización do campo. Concretamente, coas compañías Agroslab, Digitanimal e Agrovortic, empresas punteiras no desenrolo de solucións dixitais orientadas a mellorar o traballo dos agricultores e gandeiros.

Os técnicos e técnicas de Unións Agrarias recibirán formación avanzada en materia de dixitalización e asesorarán de vez ós agricultores e gandeiros que se sumen a este proxecto. A organización habilitará unha plataforma dixital de formación e intercambio de información que mellorará a relación técnico-asesorado.

En Galicia será Agrovortic a empresa coa que os nosos técnicos e técnicas traballarán, coa fin de explicarlles ós gandeiros da nosa terra o funcionamento das ferramentas de dixitalización e modernización das nosas explotacións.

O obxectivo último da organización con este proxecto é formar ós seus agricultores e gandeiros nas últimas tecnoloxías dixitais aplicables ó traballo no campo. “A agricultura e gandería familiar non debe quedar á marxe da revolución dixital do campo que está comezando a producirse”, aseguran desde UPA.

A dixitalización é un proceso que se está estendendo a todos os ámbitos da economía, e o sector primario non é unha excepción. As ferramentas dixitais son xa habituais para a maioría de sectores e traballadores, tamén no campo, e van selo moito máis no futuro.

O caderno como aliado

O caderno dixital de explotación debe ser o punto neurálxico de recollida e análise dos datos dunha explotación agraria, e Unións Agrarias traballará para levalo a cabo gracias a este novo proxecto. “O caderno pode ser unha ferramenta de xestión e mellora das nosas explotacións. Só sabendo o que facemos poderemos actuar en consecuencia”, sinalan dende UUAA-UPA.

O caderno alíase con dispositivos conectados a Internet (IoT) e cos teléfonos intelixentes para axudar ós agricultores a tomar mellores decisións. “Hoxe o tractor guiado por GPS está a pasar a ser un aliado habitual, sobre todo nos cultivos extensivos. Cada vez máis agricultores comezan a dispor de mapas de rendementos das súas parcelas e poden controlar o rego das súas parcelas de forma remota. Os drons empezan a soar coma unha axuda útil para agricultores e gandeiros, que comezan a adquirir colares de monitorización do gando a modo de chocas dixitais”, explican desde UPA.

O catálogo de solucións dixitais aplicadas ó traballo de agricultores e gandeiros é xa amplo e vai selo aínda máis no futuro. E a mocidade que se van incorporando ó campo ten claro que as ferramentas dixitais serán algo habitual e necesario na estrutura das súas explotacións.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias